IVEN E A SÚA NAI NA BIBLIOTECA


Que ben o pasamos!

Os nenos e nenas de 3 anos B tamén quixeron estrear a biblioteca. Por iso, Iven e mais a súa nai achegáronse para nos contar dúas historias: A araña e mais eu e ¿Le pondremos un bigote?

Se premedes na seguinte imaxe, poderedes acceder ó álbum de fotos.


E, para rematar, deixámosvos con este divertido vídeo no que os protagonistas cántannos unha canción.

Comentarios