DESCUBRINDO A LEONOR DE AQUITANIA


A muller máis importante da Idade Media.

O día 8 de marzo é un día moi especial: o Día da Muller Traballadora. Este ano será todavía máis especial, pola folga convocada en todo o país.

Como movemento, o feminismo é moi recente. Pero, ó longo da Historia, sempre houbo mulleres adiantadas ó seu tempo que, aínda que incomprendidas polos seus comtemporáneos, constitúen unha gran testemuña.

Un deses casos é o de Leonor de Aquitania, a muller máis importante da Idade Media, sen a cal, probablemente, nunca terían existido nin Martín Códax, nin os trobadores, nin as Cantigas de amigo que este curso estamos a estudiar co gallo do noso PDI Palabras que trae o mar.

Descubrir a biogafía desta gran muller na Historia foi unha das tarefas propostas para este 8 de marzo.



E todo comezou coma un xogo: tras entregar as pezas dun puzzle, os rapaces debían compoñelo. Unha vez confeccionado, establecimos varias hipóteses sobre que podia representar.


Desvelado o segredo, afondamos na súa biografía. Para iso, entregamos ós distintos grupos frases da mesma que, posteriormente, debiamos ordear.



Agora, nun traballo de aula, os rapaces escribirán a biografía e contarannos o que teñen que aprendido desta muller que foi raíña de Francia e Inglaterra, nai de tres reis (entre eles, Ricardo Corazón de León) e a grande impulsora da lírica medieval e do ciclo artúrico.

Se premedes na seguinte imaxe poderedes acceder ó álbum de fotos da actividade.



Non vos parece fascinante? Pois, para que os maiores saibades máis dela, deixámosvos este vídeo, onde se afonda na súa figura.




Imaxe: PUBLIC DOMAIN. Eleanor of Aquitaine, Queen of England. En Wikimedia Commons

Comentarios