COÑECENDO VIGO...


... con Martín Códax e as familias dos nosos alumnos. 

Hai unhas semanas, a familia de Diego e Miguel Beiro enviounos unha fantástica imaxe relacionada coa nosa actividade Coñece Vigo con Martín Códax. A foto completa publicarémola en breve. Mais, polo intre, para manter o suspense e animarvos a todos a compartir connosco as vosas imaxes, deixámosvos cun recorte da mesma.

Sabedes onde está pintado este precioso mural? Acudide alí en familia en enviádenos as vosas instantáneas a:

bibliotecanavia@gmail.com

Esperamos as vosas fotos!

Comentarios