PREPARANDO UN AUDIOVISUAL SOBRE AS CANTIGAS DE AMIGO
















Coa intervención de todo o cole.

As familias e o alumnado están a participar na creación dun vídeo sobre as Cantigas de amigo de Martín Códax. Dende as imaxes e debuxos aportados (que teñen servido para montar unha exposición) ata o recitado das cantigas ou a creación da animación, todo o centro ten participado dun ou doutro xeito nesta obra colectiva.

A seguinte fotografía corresponde á exposición que temos montado (coa axuda das alumnas bibliotecarias) diante da Secretaría. Premendo na imaxe poderedes acceder á galería coas creacións das familias.



Por outra banda, neste vídeo recollemos un fermosísimo recitado de Adan, alumno de 6º curso de Primaria.



Por último, nestas imaxes podedes observar a alumnado de diversos niveis colaborando na creación das animacións cunha tableta. 














Comentarios

Entradas populares