ALFIN EN FAMILIA


En Educación Infantil 5 anos. 

Todos coñecemos a importancia que ten a Alfabetización Informacional: aprender a buscar a información, reutilizala e difundila criticamente é unha competencia que resultará fundamental para o futuro do noso alumnado.

Sen embargo, neste post falarémosvos dunha iniciativa fantástica que Patri, a mestra de Educación Infantil 5 anos, está desenvolvendo co seu alumnado e as súas familias: ALFIN en familia.

En qué consiste?

A mestra, a partir da temática do PDI, reúnese coas familias, ofrecendo asesoramento: posibles aspectos a tratar, bibliografía, xeito de dar a coñecer a temática... Con esa información, a familia debe elaborar un mapa conceptual que sirva para guiar o discurso.

O gran día é cando o rapaz ou rapaza, acompañado da súa familia, expón ós seus compañeiros o resultado da súa investigación. E entón xurden comunicacións marabillosas.

Aquí tendes a André, o primeiro conferenciante, expoñendo sobre os cabaleiros.




E aquí deixámovos cos magníficos mapas conceptuais creados por André e a súa familia.








Parabéns, André e familia!

Parabéns, profe!

Comentarios

Anónimo ha dicho que…
Bravo!!!