VISITANDO O PERGAMIÑO



A emoción de coñecer en persoa a alguén admirado!

Dende o alumnado de 5 anos ata o de 6º de Primaria, os nenos e nenas do noso cole estivemos esta semana no Museo do Mar coñecendo o Pergamiño Vindel.


(Preme na imaxe para ver máis fotos)

Estivemos atentísimos ás explicacións. Pero como xa sabiamos algunhas cousas, tamén deixamos impresionada á monitora.

Como por desgraza o tempo era limitado, aproveitamos o tempo coñecendo algo sobre o castro e o altar púnico da Punta do Muíño de Vento. E, como non, visitando o Acuario, onde a creatividade e a espontaneidade foi grande.


(Preme na imaxe para ver o vídeo)


Comentarios

Anónimo ha dicho que…
A VISITA FOI XENIAL,FOI ALGO ÚNICO.O QUE MÁIS SORPRENDEUME FOI A ALTA SEGURIDADE QUE PROTEXIA, AUNQUE NON ME GUSTARÍA SER UN DOS VIXIANTES PORQUE SE PASABAN AÍ DE PÉ VARIAS HORAS OU AO MELLOR O DÍA ENTEIRO.EN RESUMEN PARACEUME INCRÍBLE E INOLVIDABLE A EXPERIENCIA.
LUCAS 6º DE PRIMARIA
Anónimo ha dicho que…
Estivo moi interesante a visita, o que mais me gustou foi o acuario e o pergamiño Vindel, tamén unha sala chea de obxectos do século XII e XIII. No acuario habia moitos animais mariños e un tiburon moi bonito. Jorge 6
Anónimo ha dicho que…
A visita foi moi interesante;aprendimos moitas cousas como por exemplo que o pergamiño Vindel foi descuberto por un mozo chamado Pedro Vindel cando foi a destapar un libro.Vimos instrumentos de século XIII, como por exemplo a arpa. Despois de ver o pergamiño fomos ao acuario. Alí vimos tiburóns, raias, estrelas de mar...Foi a mellor visita do mundo e o que máis me gustou foron os instrumentos.

Sabela 6º
Anónimo ha dicho que…
O que mais me gustou foi ver o pergamino Vindel que foi descubierto por Pedro vindel e escrito por Martín Codax . Moitos din que o nome e un seudonimo.Tamen a visita ao acuario .Pedro Dacosta 6 ep
Anónimo ha dicho que…
A visita ao pergamiño Vindel encantoume. Paréceme incrible que con tantos anos como os que ten esté tan ben conservado.A visita foi moi interesante e entretida. O pergamiño Vindel é impresionante. Foi unha experiencia única. Ogallá puideramos ir moitas veces máís.

Despois do pergamiño Vindel vimos o castro do Museo do Mar;é fermoso.
ALBA 6º E.P.
Anónimo ha dicho que…

O que màis me gustou foi cando a guía ensinounos os instrumentos da época. Martín 6º
Anónimo ha dicho que…
O pergamino Vindel é moi bonito. A visita estivo moi interesante; un pouco curta, pero bonita.Toda unha sala adicada ao pergamiño. E non só iso; tamén había roupas, instrumentos (do século XII e XIII),etc. Tamén visitamos o acuario; é moi bonito. Lucía 6ª.

Entradas populares