TEMOS MOITO CONTO!


Que o digan os nenos da aula de 4 anos!

Dende comezo de curso, os nenos e nenas de 4 anos levan contando contos, semanalmente, coas súas familias. Aínda quedan moitas semanas e moito curso. Pero, ata o de agora, xa temos unha boa colección de contadores: Samuel, Diego, Antía, Rocío, Candela, Amara, Pablo, Ángel...


(Premede na imaxe para ver máis fotos)

Que siga aumentando a colección! Precisamos moito conto (e moitas actividades familiares) na nosa vida!

Comentarios