PRIMEIROS VISITANTES DO NOSO CATÁLOGO!


Que alegría tivo a Maga Tomasa esta tarde!

A pobre xa tirara a toalla, pensando que o carteiro non traería ningunha imaxe de visitantes, cando, esta tarde, recibíu un email de Antonio e Vanesa, os pais de Laura e Iago (4º de Primaria). Eles son os nosos primeiros ilustres visitantes.

Esperamos que, roto o xeo, e coas festas que xa están tan próximas, haxa moitos intres para disfrutar, en familia, do Pergamiño Vindel. Unha alfaia que temos a sorte de ter entre nós ata o mes de marzo.

Grazas, familia!

Comentarios