PENSANDO E INVESTIGANDO...


... en torno a Antonio García Teijeiro. 

O martes coñeciamos a feliz nova do premio concedido a Antonio García Teijeiro. Os alumnos e alumnas de 4º de Primaria estiveron a traballar sobre o asunto. Neste post cóntannos o que pensaron e aprenderon sobre él.

       Os nenos e nenas de 4º de educación primaria estivemos falando sobre o premio que gañou o escritor Antonio García Teijeiro polo seu libro "Poemar o mar". Trátase do PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL do ano 2017.
Queriamos saber que persoas formaron parte do xurado que otorgou este importante premio ao poeta vigués.
Para averigualo buscamos en internet e atopamos que dúas escritoras galegas formaban parte dese xurado: Fina Casalderrey e Ledicia Costas.
Estas dúas escritoras tamén gañaron este mesmo premio con anterioridade. Fina Casladerrey, no ano 1996 coa obra titulada "O misterio dos fillos de Lúa", e Ledicia Costas en 2015 por "Escarlatina, a cociñeira defunta".
Para nós, o mellor foi darnos conta de que Antonio García Teijeiro, Fina Casalderrey e Ledicia Costas estiveron visitando o noso colexio para falarnos dos seus libros en cursos anteriores.
Así que nos sentimos afortunados por ter compartido tempo con eles.

Só nos queda felicitar a Antonio García Teijeiro, un dos nosos poetas favoritos.



Grazas, chicos! Aprendimos moito convosco. E, sobre todo, encántanos que vos guste tanto ler e que sexades quen de atopar resposta ó que vos cuestiona. Tendes madeira de investigadores!


Imaxe de Antonio García Teijeiro: SANTOS DÍEZ e EDUARDO CASTRO BAL. En Wikipedia. CCBYSA.

Comentarios