NOVO ALUMNADO BIBLIOTECARIO


Cheo de ganas e de ilusión. 

Onte, a hora do recreo, a Biblioteca estaba de bote en bote. E iso foi porque o alumnado de 5º, en pleno, acudíu á sesión explicativa para os novos axudantes bibliotecarios.

A profe Laura foi a encargada de dar as explicacións. Tras elas, quedamos en que pensaran sobre o tema, que o consultaran na casa, e que hoxe viñeran a dar resposta. Sen embargo, algúns xa estaban segurísimos de que querían ser axudantes, tan cheos de ganas e ilusión estaban.


A aventura, realmente, promete!

Comentarios

Entradas populares