SOMOS UNS ARTISTAS...



... pero non vimos de París!

O Festival das Letras Galegas foi unha auténtica mostra do artistas que somos. Celebrámolo, coa presenza das familias, o mércores 16 de maio pola mañá.

Os encargados da presentación foron Alba e Manel, alumnos de 6º curso de Primaria, que, tras facer un pequeno comentario sobre a figura de María Victoria Moreno, procederon a introducir os distintos números con unha profesionalidade e unha entrega portentosos.

Como podedes observar polo programa, o PDI deste curso estivo moi presente na celebración.


Premendo na seguinte imaxe accederedes ó álbum de fotos do día: 



Mención especial merece o Faladoiro do alumnado de 5 anos: unha explicación moi condensada e divertida sobre o que teñen aprendido acerca da Idade Media: 




Por último, deixámosvos con este pequeno vídeo resumo sobre o Festival. Premede na imaxe para acceder. 


E, cando semellaba que non había vídeo da actuación de 2º de Primaria... por fin apareceu! Debe ser cousa da Maga Tomasa...



Como vedes... uns auténticos artistas!



Comentarios