O XADREZ


Primeira exposición oral de traballos. 

Comezan a verse os primeiros resultados do Proxecto Documental Integrado deste curso: Palabras que trae o mar.

O alumnado de 5º curso de Primaria preparou unha xuntanza cos rapaces de 3º na que lles falaron do xadrez, un xogo medieval tan importante que o rei Alfonso X o Sabio elaborou un tratado sobre el.



Se premedes nesta imaxe veredes os contidos tratados polos rapaces.


No seguinte vídeo podedes ver un fragmento da exposición. 



E... como non! Unha exposición sobre o xadrez ten que rematar... xogando! Aquí vos deixamos diversas imaxes dos grupos interniveis que se organizaron para aprender ós cativos este xogo. 


Parabéns polo voso traballo, chicos!


Comentarios