NA AULA DE 4 ANOS...


... seguimos a ter moito conto!

Pois si. Durante o primeiro trimestre, xa un montón de papás e mamás pasaran polo colexio para contar contos cos seus fillos. Agora tocoulles o turno a outras familias, aínda que algunhas o pasaron tan ben que repitiron.

Na seguinte imaxe, enlazada co álbume, deixámosvos un resumo gráfico das visitas das familias de Maia, Mateo, Rocío, Sofía, André, Candela e Noé.


Grazas, familias, por ler connosco!

Comentarios