LENDO EN CASTRELOS


Na V Quedada Literaria. 

Aínda que a Quedada Literaria ten celebrado xa este curso a súa quinta edición, esta foi a primeira vez que o noso cole participaba.

O encontro desenvolveuse o pasado 8 de maio, e nel participou o alumnado de Educación Infantil 5 anos e o de 4º curso de Primaria. Xunto a nós, nenos e nenas doutros colexios da cidade e, incluso, da bisbarra: CEIP Emilia Pardo Bazán, CEP Fleming, CEIP Seis do Nadal, CEIP O Pombal, CEIP Frian - Teis, CEIP O Rocío, CEIP Carrasqueira, CEIP Chans - Bembrive, CEIP Eduardo Pondal e CEIP da Ribeira (Porriño).

Todo iso, coordinado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, con Marta Souto á cabeza. Este servizo trouxo como contadores para os máis cativos ó alumnado do CIOV (Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo).

Igualmente, houbo que salientar a colaboración da Biblioteca Municipal Neira Vilas, encargada da animación final.

Despois de intercambiar lecturas e marcapáxinas co alumnado do CEIP Carrasqueira, tocou acto conxunto, cunha sesión de contacontos a cargo da grandísima Bea Campos.

Por suposto, non faltou o alcalde.

Se premedes nesta imaxe accederedes ó álbum de fotos do día.


Pasámolo estupendamente, e quedáronnos ganas de repitir. 

Moitas grazas a todos os que fixeron posible este día de lectura e diversión compartidas!


Comentarios