ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO


Cun programa variado e intenso. 

O Día do Libro resultou un gran acontecemento no noso centro, con actividades que trascenderon os muros da propia escola e se estenderon durante dúas xornadas.

1. Comezaron as actividades coa Visita á Escola de Educación Infantil de Navia, levada a cabo polo alumnado de 5 anos, que compartiu cos cativos o conto Las diez gallinas. (Consultade este enlace).



2. A continuación, durante a Hora de Ler, todo o colexio compartíu lectura fóra das aulas (aínda que á sombra, xa que o sol era "de xusticia"). (Consultade este enlace).



3. Sen embargo, o alumnado bibliotecario de 6º curso compartíu este intre cos cativiños de 3 anos, con contos e cancións do libro Abezoo e o canto colectivo de O libro máxico, de Migallas. (Consultade aquí o enlace).



4. A mañá rematou coa visita de Alicia Borrás, que fixo as delicias dos máis pequenos. (Consultade aquí o enlace).


5. O día 24 de abril, o alumnado bibliotecario de 6º de Primaria acudíu a Alento (a Asociación de Dano Cerebral), donde compartíu recitados cos usuarios. (Consultade o enlace aquí).



6. Concluíron os actos visitando APAMP, a Asociación de Parálise Cerebral, onde repetimos a actividade. (Consultade o enlace aquí).



En ambos os dous casos fixemos entrega dun libro elaborado por nós coas Cantigas de Martín Códax en pictogramas.

Como vedes, xornada intensa, emotiva e inclusiva. 

Comentarios

Entradas populares