O CLUB


Un conto para entender o pasado... e o futuro!

Catalogando estes días na biblioteca chegou ás nosas mans un fermosísimo libro escrito polo gran Arnold Lobel: Saltón no camiño.

Saltón no camiño, recentemente publicado por Kalandraka, poderia ser considerado un libro de fábulas no que os lectores temos que atopar a moralexa. Así, a través dos seis contos que compoñen o libro, descubrimos as diferentes actitudes que Saltón (un camiñante da vida) adopta ante os diversos seres que vai atopando durante a súa andaina.

Así pois, o primeiro conto O club, foi lido co alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria na clase de Valores. E a ensinanza que extraemos foi que, na vida, é necesario ser críticos para resaltar os puntos de vista que poden unirnos en lugar daqueles que nos exclúen.

Con esta perspectiva lemos o seguinte post, titulado: Cun ollo no presente e outro no pasado. Así, entendimos que a Historia, cuns mesmos "ingredientes" (musulmáns, cristiáns e xudeos) ofrece exemplos de boa convivencia cando se incide nos puntos que nos unen (coma no Toledo do rei Afonso X o Sabio) ou de enfrontamento bélico cando se subraia o que nos diferenza (coma na Xerusalén dos nosos días) .

Boa aprendizaxe para o Día da Paz no contexto do noso PDI deste curso: Palabras que trae o mar.

Comentarios