RETRATÁNDONOS. CATÁLOGO DE VISITANTES



Faite unha foto co Pergamiño Vindel. 

Nestes tempos de novas tecnoloxías facerse un selfie cun famoso ou famosa está á orde do día. Pero, agora mesmo, quen máis famoso no noso colexio que o Pergamiño Vindel?

Xa sabemos que moitas familias tedes visitado a exposición, e probablemente teredes tomado algunha imaxe. Nos vindeiros días, dende o colexio tamén acudiremos ó Museo do Mar. Sería bo facer historia e crear, entre todos, o noso propio Catálogo de visitantes.

Poderá participar toda a Comunidade escolar (familias, pais, nais, alumnos, avós, mestres, conserxes, limpadoras...). Só teredes que vos fotografar no museo e enviar a imaxe a:

biblionavia@gmail.com

Animádevos a participar!

Fagamos historia co Pergamiño Vindel!

Comentarios