ELEVADA PARTICIPACIÓN...


... para desvelar o misterio.

Como podedes ver, o noso alumnado (e profesorado) está desexoso de axudarnos a desvelar o misterio. En menos de tres horas, o panel lucía así. As respostas eran variadas: chegou o colexio (nas súas variantes: o novo edificio, o tellado, a clase de Educación Física, as novas profes, as actividades), chegou unha nova compañeira, chegou o momento relax (un jacuzzi...), chegou o outono (e todo o que significa: Samaín, Magosto, frío...). Incluso algún adiantado (ou adiantada) dixo que chegou o Nadal. E algún outro non deixou de demostrar que sigue as novas da prensa.

Sen embargo, un número significativo indicaba que o que chegaba estaba relacionado coa biblioteca: os axudantes bibliotecarios, as mochilas viaxeiras, un pergamiño...

Haberá que esperar a que a Maga Tomasa nos dea a solución. Mentras tanto... grazas polo voso entusiasmo e a vosa participación!

Premede na seguinte imaxe para ver máis fotos. 




Comentarios