UN COMEZO DE CURSO ENMEIGADO: NOVO BLOG, E...
... Desorde xeneralizado!
Cando este curso chegamos ó colexio atopámonos cun gran desorde. O edificio estaba en obras, e o tellado desaparecera. Non sabemos se foran os obreiros, se un tornado ou se un maleficio da Malvada Bruxa do Oeste. O caso é que a Biblioteca non foi allea a ese caos.
Pouco a pouco, grazas á axuda da Maga Tomasa e das mestras do Equipo de Biblioteca, as cousas van regresando ó seu sitio, e xa se empeza a sentir un pouco de claridade.
Seguro que a Maga Tomasa, que para iso é maga, bota unha man e consigue ter todo a punto para o Día das Bibliotecas Escolares!
Polo pronto, xa ten movido a súa varita para modernizar o blog. Que vos parece?
Comentarios